O Muiño de Pena
Santiago de Compostela
07/05/2018
"¨Novatos en restauración."
A comida estaba rica e as racións eran abundantes pero non compensa comer a carta, o menú son 30 euros co que rematas pagando o mesmo e comendo menos. Os prezos están expostos sin IVA e non informa deste detalle, cousa que non me parece ben. Non hai unha persoa que atenda expresamente o restaurante, atende ao mesmo tempo a recepción da casa rural, polo que, queda desatendido o comedor por longos períodos, ao final acabou atendéndonos a cociñeira.
Positivo: a comida estaba sabrosa e ben cociñada, e as racións foron tamén xenerosas.
Negativo: Extremadamente lentos, a camarera marchou no medio do servicio e atendeunos a cociñeira. Os prezos mostrados son sin IVA e non o din, polo que recibes a sorpresa ao final, deberían informar deste detalle.